Sobre min
Sempre crin que a estética profesional é moito máis que realizar limpezas e masaxes: trátase de escoitar, saber diagnosticar e facer que a persoa se sinta ben na súa pel de novo.
Levo máis de 15 anos traballando como esteticista e, aínda hoxe, cada vez que alguén entra pola porta, sinto a mesma emoción. Gústame axudar á xente a acadar os seus obxectivos, con respecto, honestidade e sen falsas promesas. Creo nos resultados reais, nos procesos personalizados e na importancia de facer as cousas con coidado.
Co tempo, comprendín que o benestar non só comeza na pel, senón tamén desde dentro. Por iso decidín formarme en Nutrición Humana e Dietética, para poder ofrecer un apoio máis completo e informado.
Movéme o amor polo que fago e o desexo constante de seguir aprendendo. Cada persoa é única, e iso é o que máis me inspira deste traballo: ser capaz de adaptarme, escoitar e formar parte dese pequeno momento de autocoidado que todos necesitamos.


Filosofía
En Orballo, cada persoa é única, e tamén debería ser así a súa forma de coidar. Por iso gústame dedicar tempo a coñecer á xente que vén verme, escoitar o que necesitan e adaptar cada tratamento para que realmente funcione e se note.
Eu sempre traballo con honestidade. Se algo non vai funcionar, dígoo. Prefiro construír unha relación baseada na confianza en lugar de en falsas promesas.
Impórtame que todas as persoas que veñan se sintan cómodas, ben atendidas e teñan a tranquilidade de saber que están en boas mans.
Non creo en fórmulas xenéricas. Gústame personalizar cada detalle, porque sei que marca a diferenza.